ACTIVIDADES LÚDICAS
Campionato de Xogos de Praia
Dende o ano da súa creación a Asociación Cultural "O Xeito" organiza tódolos anos un campionato de xogos de praia dirixido a nenos/as e maiores. Inclúense xogos como carreiras de sacos, tiro de corda, figuras na area, cometas artesanais e concurso de debuxo.
Obradoiro de Carteiras e Bolsos
Dirixido a nenos/as de entre 5 e 14 anos, o obxectivo do obradoiro era que os nenos/as aprenderan a facer carteiras e bolsos a partires de follas de cómics. Tivo lugar nos meses de febreiro, marzo e abril de 2005.
Noite de Samaín Para Nenos
En colaboración coa Asociación de Nais e Pais do Colexio Público Ricardo Tobío o 1 de Novembro na Casa da Sociedade de Esteiro.
Obradoiro de Abalorios
Dirixido a nenos/as de entre 5 e 14 anos, o obxectivo do obradoiro era ensinarlle ós nenos/as a facer pendentes, pulseiras, colares e outras xoias con abalorios. Tivo lugar dende novembro de 2004 ata febreiro de 2005.
Obradoiro de Pesca
Dirixido a nenos/as de entre 5 e 12 anos, tivo lugar na praia de Somorto o día 7 de agosto de 2004.
Curso de Iniciación ó Xadrez
Dirixido a nenos/as de entre 6 e 12 anos, organizouse en colaboración coa ANPA do colexio de Esteiro, no mesmo colexio, nos meses de novembro e decembro de 2003.
1º Torneo de Estornela
Dirixido a públicos de tódalas idades, este torneo tivo como obxectivo contribuír á recuperación deste xogo popular galego. Organizouse o 26 de abril de 2003 no Campo de fútbol da Salina, Esteiro.