TEATRO
O XEITO TEATRO
PRESENTA
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE
de
CASTELAO
A obra que nos ocupa foi estreada o 14 de agosto de 1941 no Teatro Mayo de Bos Aires pola Compañía Gallega de Comedias de Maruxa Villanueva, e está considerada o clásico por excelencia do teatro galego.
En Esteiro representouse por vez primeira en 1975 no desaparecido Cine Miramar a cargo dunha compañía da Coruña.
No ano 1980, o mestre Xosé Agrelo e o grupo de teatro escolar Agrocobo, póñena de novo en escena. Naquela ocasión de hai 25 anos, practicamente todos os rapaces e rapazas de último curso colaboraron nunha montaxe na que tiveron protagonismo Paquito, O Ruso e Pacucho nos papeis de D. Saturio, D. Ramón e o Sr. Fuco, respectivamente. Este feito, constituiu o embrión do grupo Xestruxo, que tivo grande éxito, na década dos oitenta, con representacións como “Metá e metá”, “Pancho de Rábade”, “Melocotón en almíbar” ou “Noite de lobos”, e que chegou a contar con colaboracións tan importantes como a dun actor hoxe consagrado na escena galega, o esteirán Xosé M. Olveira “Pico”.
REPARTO
O BOTICARIO....................................Ramiro Caamaño Lestón
LELA...................................................Ánxeles Mayo Conde
O CARABINEIRO..............................Antonio Priegue Leis
IRMÁ 1ª...............................................Esperanza Brea Mayo
IRMÁ 2ª...............................................Irene Núñez Núñez
IRMÁ 3ª...............................................Beatriz Caamaño Castro
IRMÁ 4ª...............................................Cristina Caamaño Castro
A MORTE............................................Manuel Lago Freire
MULLER 1ª.........................................Clara Rodriguez Figueiras
MULLER 2ª.........................................Mª Carmen Priegue Sande
MULLER 3ª.........................................Xacinta Varela Martínez
DON RAMÓN.....................................Rodrigo Molinos Romero
NAI DE DON RAMÓN.......................Bibiana Saborido Lago
PAI DE DON RAMÓN........................Mario Barreiro Lestón
MICAELA............................................Maria Torea Priegue
O PORTUGUÉS...................................Carlos Lestón Rama
RAPAZ.................................................Pablo Caamaño
MÁSCARA 1ª: O DEMO....................Manuel Torea Taxes
MÁSCARA 2ª: A PORCA..................Pepa Tobío Cernadas
O SAPO...............................................Fernando Romaní Sande
PIMPINELA........................................Olalla Tuñas Martínez
NAI DE PIMPINELA..........................Isabel Suarez Romaní
PAI DE PIMPINELA...........................Pablo Núñez Núñez
O MOZO..............................................Xulio Montes Mayo
SEÑOR FUCO.....................................Ramón Mayo Tobío
PRODUCCIÓN.........................Asociación Cultural “O Xeito”
DECORACIÓN.........................Sociedade Liceo de Noia
LUZ E SON...............................X.R. Agrelo
ATREZO...................................Asociación Cultural “O Xeito”
MAQUILLAXE.........................Soledad Roó
COREOGRAFÍA.......................Agrupación Xeitura
DIRECCIÓN..............................Xosé Agrelo Hermo
PRÓLOGO
“Miñas donas e meus señores:
Axiña ides ver unha farsa en tres lances, na que se demostra que os vellos non deben de namorarse; pero non pensedes que a miña obra é de tesis. Non é de tesis, non. Trátase apenas dunha síntesis artística , ou máis ben, artimaña escenográfica onde xogan o amor e a morte de tres vellos imprudentes: o boticario Don Saturio, que non aturou a falcatruada de Lela e mátase con solimán da súa propia botica; o fidalgo Don Ramón, que por un bico de Micaela morre deitado no esterco; o vinculeiro Señor Fuco, que por casar con Pimpinela mórrese de felicidade. Son tres faces diferentes dun mesmo drama, contado á maneira galega e para regalía dos que poidan comprender o noso linguaxe. Pero este coñecidísimo drama, que agora ides ver nunha farsa nova, é, asimismo, un aviso de tres estalos que lle damos aos vellos namoradeiros. Compre decir que as vellas non están no caso dos vellos, anque os amores serodios andan sempre aparellados coa morte, pois neste caso sóio perden a vida os mozos que se deixan chuchar por vellas indecentes. Non, o drama é de homes que se enamoran a destempo, porque non souperon aproveitarse do amor cando eran mozos ou porque pretenden bulrarse da morte cando xa a levan ao lombo. Os homes deben buscar tesouros amorosos na mocedade, e gardalos ben gardadiños para cando chegue a vellez, si é que arelan o respeto do mundo e non gostan de vérense retratados nesta caste de comedias. Ninguén se bulra dun vello e unha vella que siguen amándose totalmente. ¡E qué emoción dá ver a un vello vedreiro que chora por un amor que perdéu cando era mozo¡. Os vellos deben gardar amores antigos, porque axúdanlles a vivir; pero morren cos amores novos, e a súa morte fai rir ás xentes.
Co dito abonda para que comencemos a farsa. E si ela fose do voso agrado o autor sentiríase ledo.”
Castelao