Asociación Cultural O XEITO

SOBRE O XEITO

Sobre O XeitoIntegración

Sostemos que a maior riqueza da nosa sociedade se fundamenta na pluralidade de opinións, opcións e sensibilidades. Por eso na nosa entidade teñen cabida todas e todos.


Acción Cultural

Sostemos que é positivo idear, reflexionar e deliberar. Máis tamén consideramos que é doblemente positivo se serve de base para unha acción cultural efectiva.

Participación Cidadá

Sostemos que a principal característica dunha entidade como a nosa é a participación cidadá no debate, elección e organización das actividades a desenvolver. Por eso membros da directiva, asociados e asociadas, así como toda persoa ou colectivo vinculado á nosa asociación, teñen sempre abertas canles formais de participación, colaboración e exercicio responsable de crítica constructiva.

Democracia

Sostemos que as decisións se adoptan por maioría, respetando sempre os criterios e propostas que gozen dun apoio minoritario. A forma de toma de decisións fundaméntase no diálogo aberto, no debate e na busca do consenso como fórmula preferente.

Organización

Sostemos que a agrupación libre de persoas nunha asociación como a nosa induce sinerxias e conleva a aparición dun espazo capaz de crear benestar social. Por eso este marco social é preciso preservalo a través do respeto activo da estructura organizativa, forma de goberno e valores establecidos nos nosos estatutos sociais.

Máis cousas...

Sostemos que todo o que nós poidamos dicir non ten máis valor que todo o que poida dicir calquer outra persoa.
A túa opinión e as túas propostas son moi importantes para a consolidación e impulso dun proxecto cultural como o que representa a Asociación Cultural O Xeito.

Anímate e ti dirás.          

 

Sobre O Xeito | Faite socio/ a | ©2006 O Xeito