GASTRONOMÍA
A gastronomía forma parte da cultura de tódolos pobos, mais se esto é certo para todos os pobos- é especialmente certo no caso de Galiza, xa que o nosa gastronomía forma parte substancial da nosa identidade.
Por este motivo, a Asociación Cultural "O Xeito" integra dentro das súas actividades os eventos gastronómicos.
A continuación indicamos os que temos organizado ata a actualidade:
II Magosto Popular
Este magosto popular celebrouse na Casa da Sociedade de Esteiro para festexar o outono o día 19 de Novembro de 2005.
I Xornadas Micolóxicas
Estas xornadas celebraronse na Casa da Sociedade de Esteiro o 19 de Novembro de 2005.
Estiveron integradas por:
- Excursión ao monte a recoller cogumelos.
- Conferencia: “Micoloxía Gastronómica” (cogumelos comestibles, non comestibles, e xeito de cociñalos) a cargo do Biólogo Amado Barrera.
- Exposición no salón de actos da Casa da Sociedade de cogumelos recollidos no monte por todas e todos os participantes.
Magosto Popular
Este magosto popular celebrouse na Casa da Sociedade de Esteiro para festexar o outono o día 13 de novembro de 2004.
Mexilloada popular
A Asociación Cultural "O Xeito" organizou unha mexilloada popular amenizada por gaiteiros e pandeiretas o día 21 de Xuño de 2003 no Paseo Marítimo de Esteiro.