EXPOSICIÓNS
"Unha asignatura polo mar dos recordos"
Exposición de fotografías antigas sobre o mar e as súas xentes.
Láminas explicativas das antigas artes de pesca.
Estivo exposta do 28 de decembro ó 12 de xaneiro de 2005 na Casa da Sociedade de Esteiro.
"Homenaxe a Xose Agrelo"
Fotografías, carteis, libros etc. que lembraban a traxectoria vital e social deste ilustre mestre e escritor, no momento da súa xubilación despois de case corenta anos ó servizo da educación e da difusión cultural na comarca.
A exposición realizouse en colaboración coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio de Esteiro e o Concello de Muros.
Estivo exposta do 4 ó 19 de outubro na Casa da Sociedade de Esteiro; do 22 de outubro ó 12 de novembro na Casa da Cultura de Muros; do 15 ó 30 de novembro na Casa da Cultura de Noia; e do 2 ó 28 de decembro na Casa da Cultura de Outes.