ESTATUTOS
CAPITULO I
DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO E ÁMBITO.
Artigo 1. Coa denominación ASOCIACIÓN CULTURAL ‘O XEITO’, constitúese unha Asociación ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.
Artigo 2. Esta Asociación constitúese por tempo indefinido, terá carácter aconfesional e non estará vinculada a ningún partido político.
Artigo 3. Como norma o idioma será o galego.
Artigo 4. A existencia desta Asociación tén como fins:
- A promoción de todo tipo de actos culturais, artísticos e recreativos sen fin lucrativo, fomentando a participación e o interés polos mesmos entre a poboación.
Artigo 5. Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes tarefas:
- Organizar, programar e desenvolver todo tipo de proxectos e actividades que permitan a consecución de tales fins.
- Solicitar todo tipo de axudas co fin de promover ditas actividades.
Artigo 6. A Asociación establece o seu domicilio en Esteiro, concello de Muros, na Casa da Sociedade s/n, Código Postal 15240, e o ámbito territorial no que vai realizar principalmente as súas actividades é todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galiza.
CAPITULO II
ÓRGANO DE REPRESENTACIÓN.
Artigo 7. A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: un/ha Presidente/a, un/ha Vicepresidente/a, un/ha Secretario/a, un/ha Tesoureiro/a e un mínimo de dous vocais. Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos. Estes serán designados e revocados pola Asamblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de un ano, aínda que poden ser obxecto de reelección ao final do seu mandato, sen limitación no número de veces que poderán ostentar dito cargo.
Artigo 8. Estes poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas e por expiración do mandato.
Artigo 9. Os membros da Xunta Directiva que esgotasen o prazo para o que fosen elixidos/as, continuarán ostentando os seus cargos ata o momento en que se produza a aceptación dos que os sustitúan.
Artigo 10. A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o/a seu/súa Presidente/a e a iniciativa ou petición da maioría dos seus membros. Quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos. En caso de empate, o voto do/a Presidente/a será de calidade.
Artigo 11. Facultades da Xunta Directiva.
As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asamblea Xeral.
Son facultades particulares da Xunta Directiva:
a) - Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
b) - Executar os acordos da Asamblea Xeral.
c) - Formular e someter á aprobación da Asamblea Xeral os Balances e as Contas Anuais.
d) - Resolver sobre a admisión de novos/as asociados/as.
e) - Nomear delegadas/os para algunha determinada actividade da Asociación.
f) - Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asamblea Xeral de Socias/os
Artigo 12. A/o Presidenta/e terá as seguintes atribucións: representar legalmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos ou privados; convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Asamblea Xeral e a Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións dunha e doutra; ordear pagos e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas e correspondencia; adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle ou no desenrolo das súas actividades resulte necesaria ou convinte, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.
Artigo 13. A/o Vicepresidenta/e sustituirá á/ó Presidenta/e en ausencia de ésta/e, motivada por enfermidade ou calquera outra causa, e terá as mesmas atribucións que ela ou el.
Artigo 14. A/o Secretaria/o terá a cargo a dirección dos traballos puramente administrativos da Asociación, expedirá certificacións, levará os libros da Asociación legalmente establecidos e o ficheiro de asociadas e asociados, e custodiará a documentación da entidade, facendo que se cursen as comunicacións sobre designación de Xuntas Directivas e demáis acordos sociais inscribibles nos Rexistros correspondentes, así como a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigas documentais nos termos que legalmente correspondan.
Artigo 15. A/o Tesoureira/o recaudará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento ás ordes de pago que expida a/o Presidenta/e.
Artigo 16. As/os vocais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta lles encomende.
Artigo 17. As vacantes que se poideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre ditos membros ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral Extraordinaria.
CAPITULO III
ASAMBLEA XERAL.
Artigo 18. A Asamblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada por todas/os as/os asociadas/os.
Artigo 19. As reunións da Asamblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez ao ano dentro dos catro meses seguintes ao peche do exercicio; as extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuízo da/o Presidenta/e, cando a Xunta Directiva o acorde ou cando o propoña por escrito unha décima parte das/os asociadas/os.
Artigo 20. As convocatorias das Asambleas Xerais realizaranse por escrito expresando o lugar, día e hora da reunión así como a orde do día con expresión concreta dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asamblea en primeira convocatoria terán que mediar polo menos quince días, podendo asimesmo facerse constar se procedera a data e hora en que se reunirá a Asamblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a unha hora.
Artigo 21. As Asambleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán válidamente constituídas en primeira convocatoria cando concurran a ela un tercio das/os asociadas/os con dereito a voto, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociadas/os con dereito a voto.
Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables a estes efectos os votos en blanco nin as abstencións.
Será necesario maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade de éstas, para:
a) - Nomeamento das Xuntas Directivas e administradoras/es.
b) - Acordo para constituír unha Federación de asociacións ou integrarse nelas.
c) - Disposición ou enaxenación de bens integrantes do inmovilizado.
d) - Modificación de estatutos.
e) - Disolución da entidade.
Artigo 22. Son facultades da Asamblea Xeral Ordinaria:
a) - Aprobar, no seu caso, a xestión da Xunta Directiva.
b) - Examinar e aprobar as Contas Anuais.
c) - Aprobar ou rechazar as propostas da Xunta Directiva en orden ás actividades da Asociación.
d) - Fixar as cuotas ordinarias ou extraordinarias.
e) - Calquera outra que non sexa da competencia exclusiva da Asamblea Extraordinaria.
f) - Acordar a remuneración, no seu caso, dos membros dos órganos de representación1.
1. Requerirá acordo de modificación dos Estatutos e que conste nas contas anuais aprobadas en Asamblea art. LO 1/2002
Artigo 23. Corresponde á Asamblea Xeral Extraordinaria:
a) - Nomeamento dos membros da Xunta Directiva.
b) - Modificación dos Estatutos.
c) - Disolución da Asociación.
d) - Expulsión de socios/as, a proposta da Xunta Directiva.
e) - Constitución de Federacións ou integración nelas.
CAPITULO IV
SOCIAS/OS.
Artigo 24. Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas con capacidade de obrar que teñan interés no desenrolo dos fins da Asociación.
Artigo 25. Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socias/os:
a) Socias/os fundadoras/es, que serán aquelas/es que participen no acto de constitución da Asociación.
b)Socias/os de número, que serán as/os que ingresen despois da constitución da Asociación.
c) Socias/os de honra, as/os que polo seu prestixio ou por ter contribuído de modo relevante á dignificación e desenrolo da Asociación, se fagan acreedores de tal distinción. O nomeamento das/os citadas/os socias/os corresponderá á Xunta Directiva ou Asamblea Xeral.
Artigo 26. As/os socias/os causarán baixa por algunha das causa seguintes:
a) Por renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva.
b) Por incumprimento das obrigas económicas, se deixara de satisfacer as cuotas periódicas anuais.
Artigo 27. As socias/os de número e fundadoras/es terán os seguintes dereitos:
a) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
b) articipar nas Asambleas con voz e voto.
c) Ser electoras/es e elixibles dos cargos directivos.
d) Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
e) Facer suxerencias aos membros da Xunta Directiva en orden ao mellor cumprimento dos fins da Asociación.
Artigo 28. As/os socias/os fundadoras/es e de número terán as seguintes obrigas:
a) Cumprir os seguintes Estatutos e os acordos válidos das Asambleas e a Xunta Directiva.
b) Aboar as cuotas que se fixen.
c) Asistir ás Asambleas e demáis actos que se organicen.
d) Desempeñar, no seu caso, as obrigas inherentes ao cargo que ocupen.
Artigo 29. As/os socias/os de honra terán as mesmas obrigas que as/os fundadoras/es e de número a excepción das previstas nos apartados b) e d), do artigo anterior.
Asimesmo, terán os mesmos dereitos a excepción dos que figuran nos apartados c) e d) do artigo 26, podendo asistir ás asambleas sen dereito a voto.
Artigo 30. Os recursos económicos previstos para o desenrolo dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
a) As cuotas de socias/os, periódicas ou extraordinarias.
b) As subvencións, legados ou herencias que poidera recibir de forma legal por parte das/os asociadas/os ou terceiras persoas.
c) Calquera outro recurso lícito.
Artigo 31. O patrimonio inicial ou Fondo Social da Asociación é de CENTO CUARENTA euros.
Artigo 32. O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano.
CAPITULO V
DISOLUCIÓN.
Artigo 33. Disolverase voluntariamente cando así o acorde a Asamblea Xeral Extraordinaria, convocada ao efecto, por unha maioría de 2/3 das/os asociadas/os.
Artigo 34. En caso de disolución, nomearase unha comisión liquidadora a cal, unha vez extinguidas as débedas, e se existise sobrante líquido, destinarao para fins que non desvirtúen a súa natureza non lucrativa, quedando o seu patrimonio a disposición das/os viciñas/os de Esteiro.