A dereita está que trina
e Rajoy moi cabreado
perderon as eleccións
din que a culpa é do atentado
que panda de señoritos
pousade os pés na terra
aínda non vos dades conta
que nos meteste na guerra
e despois de oito anos
aguantando ós do pepé
aínda quedan outros catro
aturando a zetapé.
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
O Manolo sempre fai
O que lle manda o Papa
Non lle justa usar condón
A ningún se lle levanta
Xa existe solución
Pro empalme dos prelados
Se eles tampouco o poñen
O mellor será capalos.
Os problemas da ijrexa
Acábanche nun tristrás
Cando xa o teñen dentro
Usan sempre a marcha atrás
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
Entraron no Axuntamento
Para abriren as ventanas
Afixéronse ó cheiro
Encargaron as persianas
Nen o fútbol nen o remo
Da Creba xa non falemos
O Concello con Esteiro
Coma sempre máis ben menos.
Hai que prestar atención
Ó que piden os de Esteiro
Pois cando son eleccións
Son os que enchen o caldeiro
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
Xa temos unha alcaldesa
Eche ela muradana
Habla muy bien el idioma
De la lengua castellana
Foi a Plácido a cear
E ó remate do banquete
Estábaa esperando a Barbi
E sigeuna ata o retrete
Non se sabe o que lle dixo
Nen siquera o que falou
O que che manda carallo
É o tempo que tardou
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
|
Van poñer saneamento
Para os de Muros e os de Louro
Vai quedar todo moi limpo
Coma os chorros do ouro.
Aquí todo seje ijual
Só existe un cano
Se queres facer de cú
Tés que esperar ó ano.
A ver como van facer
Os que teñen cajarría
É mellor ir para Muros
A cajarlle todo o día
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
Os da Silvosa non durmen
Por culpa dos viraventos
Os de Creo están pasmados
E alucinan por momentos
Os do Maio din que espantan
A paxaros e morsejos
Ata os peixes asubían
Non maduran os pexejos
Que se tiren os muíños
Na Pendente poñen velas
Ou se fai polas boas
Ou xuntan as peluqueras
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
A festa das Carrilanas
A mellor do mundo enteiro
Que se entere todo Cristo
En xullo faise en Esteiro
A injusticia condenou
Queren acabar con ela
Quedade todos tranquilos
Voltaremos a facela.
Nos toros de San Fermín
Amáchate baixo as tellas
Se vos xusjan os de Muros
Correrían solo ovellas.
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
O da Esteirana señores
E cousa de moito vicio
Como che suban un ano
Para o outro baixan fixo
Nun equipo de matados
Xóganche os xuveniles
Como foron campeóns
Para o ano os infantiles
Houbo outras temporadas
Que importaban de Negreira
Ajora non queren negros
Sóbranlle cos da canteira
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
|
Prepararon os do Xeito
Unha obra de teatro
Onde fixeron de parvos
Carajillo e o Bolato
Tiñan un emperador
Con un negro por escravo
O traballo que pasaban
Cando tiñan que pintalo
Estrenouse en Esteiro
O colexio estaba cheo
E cómo non iba estalo
Se os dirixía Agrelo
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
Ajora está de moda
O cambiar de parella
Deixar a túa muller
Para irse cunha allea
Hai algún que se luseu
Vaia o cambio que fixo
Pois trocou un bo xamón
Pola tripa dun chouriso
Un refrán moi vello di
O que temos que facere
Mellor mala coñecida
Que boa por coñocere
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
O xastre noventa e nove
O barqueiro vintecinco
Foiche unha cousa do demo
Mais o xastre fixo chincho
Alentoulle no cojote
Case que lle da un llullu
A culpa levouna toda
O pobre do jarabillo
O peor de todo isto
Inda queda por pasare
Cando se líen a hostias
Polas janas de janare.
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén
Últimamente en Esteiro
Arden cousas a estalla
Tende coidado viciños
Onde jardades a palla
O que prende disque é el
Cando colle unha cajalla
Planta lume co mechero
Non deixa máis que borralla
Na Munipa quixo entrar
O tipo non dou a talla
¿sabedes de quen falamos?
Non nos pasemos da raia.
A xente di que el ten
Todas cartas da baralla
Anda xogando con lume
Sobre o fío da navalla.
Piromanía disque, disque, disque ten
Disque disque prende lume
Disque non o veu ninguén |